telefono movil email

Arranxos Repara Lar é unha empresa galega de recente creación, en abril de 2009, aínda que os seus técnicos teñen unha longa experiencia as súas costas sumando máis de 25 anos en reparacións a domicilio. Unha das principais carácterísticas dos servizos de Arranxos Repara Lar é a calidade do servicio acadado, unha garantía por escrito a cada cliente e o prezo económico, o cal fai que a nosa empresa sexa Líder en Arranxos Rápidos ó fogar e ás pemes.

O noso ámbito de actuación xeográfico abarca toda a cidade olívica de Vigo e toda a súa bisbarra.

En Arranxos Repara Lar somos conscientes da actual época de crise e por iso dende 2009 seguimos cos mesmos prezos e ademáis descontos de até o 50% por fidelización de clientes.

Connosco atopará todas as solucións ós arranxos do fogar ou das empresas cos nosos servizos de Electricidade en Vigo, Cerrallería en Vigo, Fontanería en Vigo e Reparación de electrodómesticos en Vigo. Todos os problemas do seu fogar poderánse resolver na mesma empresa. É o momento de confiar en Arranxos Repara Lar.

Arranxos Repara Lar ten os mellores técnicos profesionais e económicos que reparan no enderezo do cliente ó mesmo día da súa petición e, ademáis tamén temos un servicio urxente en menos de 30 minutos, as 24 horas do día, e os 365 días do ano cos mellores prezos do mercado, que van dende a mitade dos máis baratos até a cuarta parte dos máis caros da competencia. Os arranxos personalizámolos ó cliente, e escomenzamos o traballo e non demorámonos até que estea ben rematado e coa satisfacción do cliente.

celga